Diario de gravación. Sesións de saxos, gaitas e voces.

Pois aí estivemos estes últimos días a voltas por Pousada Son gravando saxos, gaitas e voces.
 
Andivemos facendo sesións de arranxos e metendo xa as “cantadas” nas cancións parándonos bastante e coidando con agarimo os detalles para que quede todo o mellor posible.
 
Agora as cancións xa están prácticamente rematadas e estamos entusiasmados co resultado.
Estas 15 pezas van facer un disco caralludo e posiblemente van significar unha boa volta de tuerca ó son do grupo. Xa escoitaredes.
 
Estes días continuaremos polo estudio gravando coros e dándolle os retoques e as caralladiñas finais ás cancións.
 
Saúde amighiñ@s.
 
(foto by Rober)

Diario de gravación. Sesión de guitarras.

As guitarras están quedando espectaculares. Temos a Miguel enclaustrado nos Pousada Son dende fai un par de días e hoxe sábado dende as dez da mañán ata remate de xornada continuará deixando as cancións ben condimentadas de guitarras.

Estamos usando un montón de guitarras e de amplis diferentes para darlle unha boa man de matices e texturas sonoras ás cancións e probablemente sexan as mellores guitarras que gravamos nunca.

Agora as cancións xa se ven moi acabadas e a medida que os arranxos de guitarra apuntalan nelas o traballo xa comeza a lucir e dar moito xeito ao escoitalo.

Xa estamos desexando mostrarvos algo pero aínda queda moito choio por diante 🙂 .

Deixamos de escribir e aló imos para Pousada que temos a Iago esperándonos agora de mañán para continuar gravando … así que ó curro 🙂 .

Tende unha boa finde ¡!

Apertas grande queridiñ@s ¡!!

(fotos by Rober)