PELERINAXES TRAILER

honraza para nós “traballar” con Simone Saibene e todo o seu equipo !!! :)agora tod@s a vela !!!

 

 

PELERINAXES: Luzía percorre as oito etapas da pelerinaxe que fixeron Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey a pé dende Ourense cara a San Andrés de Teixido no 1927; relato da viaxe publicado no libro Pelerinaxes I. Fai esta viaxe coa intención de rematar un proxecto audiovisual empezado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo, xunto a outro compañeiro…

Un filme escrito e dirixido por Simone Saibene.

Con Carmen Méndez, Carmen Méndez, Isabel Risco, Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo.

Entrevistados (por orden de aparición): Patricia Arias Chachero, Susana Reboreda Morillo, Valentín Carrera, Luis Martínez Risco, Alberto Allegue Leira, Pablo Gallego Picard, Laura Tato Fontaiña, Carme Fernández Pérez-Sanjulián.

Música tráiler: Daniel Minimalia ‘El vals del trapecista’; Ruxe Ruxe ‘Non temos medo’.

Produción e distribución: Noveolas Producciones S.L.

Gravado nas provincias de Ourense, Lugo e A Coruña.

Duración: 74’ aprox.

Ano: 2016

Diario de gravación. Dous, tres ensaios antes.

20 SEGUNDOS DIARIO DUNHA GRAVACION RUXE - RUXE IV

O próximo xoves comezamos a gravar. Quédannos dous ou tres ensaios para ir limando as últimas “asperezas” e listo.

A verdade é que vai ser este o disco que máis escoitado levamos antes de entrar en estudio pois levamos xa unhas semanas facendo unha pre-produción gravando e regravando no local de ensaio todas as cancións.

Baixo a batuta de Miguel nos botóns das máquinas (ademais de bourar nas guitarras), fumos rexistrando, un por un, a nosa intervención en cada peza . Despois el foi editando e facendo mesturas para presentarnos o traballo xa nunha fase de alicatado moi próxima o posible resultado final.

O traballo de Miguel está sendo espectacular e as cancións xa soan caralludas caralludas.

Agora o dito, unha ultimísima pulida e a gravar coa ilusión e a enerxía polas nubes.

Seguiremos informando. Saúde queridiñ@s !!

(foto by Rober)