CANCIÓNS CEIBES

Despois de moito traballo e moita ilusión aquí vos presentamos o 1º adianto do noso novo disco … 🙂 … presentarémolo en directo o 18 de abril na Capitol acompañados polos BIRIBIRLOCKE … e dende hoxe temos as entradas á venda en Compostela no BARTOLO, A REIXA TENDA e MIRANDA … e tamén en www.ruxeruxe.com … grzs por estar aí … esperamos que vos guste !!!

DIARIO DE GRAVACIÓN_día_11

DIARIO DE GRAVACIÓN.
Día 11. Quinta feira 11 de decembro.

Na quinta acabamos as sesións de gravación do disco.

Dende as 11.00 ata as 19.00, con lóxico parón para meternos unha pequena churrascada que non impedira cantar despois, Iago e Vituco andiveron a darlle os derradeiros retoques a unhas voces que quedaron ben bonitiñas.

As cancións deste disco precisaban matices un tanto diferentes ó feito polos ruxe ata o de agora e houbo que tomar a gravación de voces con certa calma e buscando o punto xusto en cada canción. Pensamos que  quedaron moi pero que moi ben poñéndolle ó disco a guinda final. E por certo., que chulas son as letras deste traballo. Xa veredes. 🙂

Ademais onte tivemos a visita de Paino e de Tomás Ageitos que viñeron a saudarnos a Pousada e despois no churrasco cadramos con eles e con Chus Silva, que foi técnico noso durante un tempo, co que tivemos un momento de xantar ben curioso e divertido.

Agora si …

comezamos as mesturas … nuns días contámosvos máis e tamén comunicaremos a data de saída do disco e a data de presentación.

O 2015 promete 🙂

apertazas ghrandes xente !!!