Hai quen non lle teme á noite. Tamén disque hai quen non lle teme á soidade da noite. Incluso hai xente que non lle teme a nada.

O caso é que van xa unhas cantas ocasións nas que algunha xente, imaxino que medosa coma nós, nos comenta que “noite de alimarias” é a súa canción preferida dos ruxe.

Non nos estraña pois tamén é unha das nosas preferidas mais non somos nós de dar moitas explicacións sobre cousas destas.

So decir que pensamos nun tempo que incluso sería unha boa peza para titular aquel disco dos toxos aínda que finalmente os tiros foron por outro lado. Tamén decir que a sentimos coma unha canción de amizade, de amor, de necesidade e desesperación vital ante as ansias de compartir enerxía, vida e latexos.

Somos medosos si !! por moito que ouveemos o contrario tantas veces 🙂 … pero non lle tememos á noite se é en compañía. Non hai alimaria, nin medo, nin ruín pensamento que non se escorrente cun bico, cun aloumiño, unha mirada limpa e fermosa ou unhas palabras sinceiras e necesarias …

Quedade con nós esta noite que dí a canción …  quedade tamén o día …

Xamais estaremos en soidade mentras alguén escoite unha canción nosa. Iso seguro.

Ogallá axudemos, aínda que so sexa unha mighalla, a que sintades algo parecido coa nosa compañía musical dende o outro lado do reproductor.

Bicos !!

One thought on “FALANDO DE ALIMARIAS

  1. Bobber

    Noraboa coma sempre esta paxina millorou 100% da gusto ver mais adentro unapertaza moi grande a todos y en especial a Raio por un traballo moi ben feito

Deixar unha resposta

*