Fervendo (2004)

Título : Fervendo
Data de publicación : 20 Abril, 2004
Formato : CD

WARNING !! 
“Fervendo” son trece pezas en estado puro de ebullición, trece estalos de xenreira, festa e poesía, trece verbas arrincadas do corazón, trece veces mala sorte e outras tantas de desacougo, trece baladas de rock&roll, punk e melodías roubadas á tradición. 

“Fervendo” é unha máquina do tempo que perde nas horas, unha caldeira vermella a piques de estourar. Fervendo son 100º C de realidade latexando a toda presión.

Tas Avisado!


fervendo 2 fervendo 3 fervendo 1